Novas

Mércores, Maio 05, 2010

O ISSGA REXISTRA 366 CASOS DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS NO PRIMEIRO TRIMESTRE

O ISSGA REXISTRA 366 CASOS DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS NO PRIMEIRO TRIMESTRE

No primeiro trimestre deste ano presentáronse en Galicia 366 comunicacións de enfermidades profesionais, das que 191 afectaron a homes e 175 a mulleres. Do total, 117 cursaron sen baixa. Por provincias, en Pontevedra orixinouse o meirande número de comunicacións, con 167; seguida de A Coruña, con 113; Ourense, con 61 e Lugo, con 25.

Por sectores de actividade, a industria e os servizos representan o 89,1% do total de enfermidades comunicadas, con 184 casos na industria e 142 nos servizos. Sigue a construción, con 29 partes de enfermidade, a pesca con 7 e a agricultura con 4. Analizando só os partes de enfermidade con baixa, tamén son a industria e os servizos os sectores con máis enfermidades profesionais comunicadas, con 129 e 97 comunicacións respectivamente, o que supón o 90,1% do total. As cifras das enfermidades con baixa do resto dos sectores foron 15 na construción, 7 na pesca e 1 na agricultura.

Tendo en consideración o sexo e o sector de actividade, nos servizos foron 71 as mulleres con baixa e 36 sen ela, mentres que nos homes foron 26 con baixa e 9 sen ela; na industria 55 mulleres tiveron baixa e 10 non, mentres que nos homes houbo 74 comunicacións de enfermidades con baixa e 45 sen ela.

Por tipoloxía, o grupo de enfermidades causadas por axentes físicos foi o máis numeroso con 293 casos seguido do grupo das causadas pola inhalación de axentes distintos aos químicos, físicos ou biolóxicos que presentaron 47 casos.