Novas

Venres, Decembro 04, 2009

O ISSGA remata hoxe a súa formación básica en prevención de riscos laborais deste ano coa clausura dun curso no seu centro de Lugo

O ISSGA remata hoxe a súa formación básica en prevención de riscos laborais deste ano coa clausura dun curso no seu centro de Lugo

O centro co que conta o ISSGA na provincia de Lugo celebrou esta semana o último curso básico de prevención de riscos laborais programado para este ano que remata.

Neste módulo, que tivo unha duración de 30 horas, tratáronse conceptos básicos sobre saúde e seguridade no traballo, os riscos xerais e a súa prevención, os específicos de cada sector e medidas de primeiros auxilios, entre outros aspectos, co obxectivo de proporcionar aos traballadores o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións básicas da actividade preventiva e dotar aos empresarios dos coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas empresas ou lugares de traballo.

Estes cursos de nivel básico, que se foron celebrando ao longo deste ano nos catro centros provinciais do ISSGA, enmárcanse na programación formativa do organismo para o 2009, que incluíu tamén cursos de especialidades, xornadas técnicas sobre diferentes aspectos de interese no campo da prevención e formación en liña.

A formación en prevención de riscos laborais, destinada a toda a poboación traballadora e aos expertos en prevención, é unha das ferramentas máis axeitadas para implantar na sociedade unha auténtica cultura da prevención. Ademais, a parte deste programa formativo, o Instituto desenvolve outras campañas e actividades que pretenden inculcar xa desde a infancia a importancia da prevención, así como plans de asesoramento técnico de carácter sectorial a empresas e tarefas de investigación de accidentes, entre outras accións.