Novas

Xoves, Febreiro 04, 2010

O ISSGA presenta o seu Plan de Actividades 2010

O Instituto Galego de Seguridade e saúde Laboral (ISSGA) presentou o 30 de xaneiro en Santiago de Compostela o seu plan de actividades para este ano, que foi aprobado pola Comisión de Goberno do pasado 4 de decembro, por unanimidade dos representantes da Xunta de Galicia, organizacións sindicais (Unión Xeral de Traballadores de Galicia, Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Confederación Intersindical Galega) e a Confederación de Empresarios de Galicia.

A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, detallou as actuacións máis salientables dos oito eixos nos que se estrutura o Plan de Actividades 2010 e que son os seguintes:

1. Xestión de procesos
2. Observatorio Galego de Condicións de Traballo
3. Xestión da sinistralidade
4. Accións de colaboración e asesoramento técnico
5. Plans de redución da sinistralidade
6. Laboratorio de hixiene analítica
7. Difusión e formación
8. Campañas de sensibilización

En concreto, fíxose fincapé nos procesos de organización interna para a necesaria consolidación do organismo cara a unificación de criterios, métodos de traballo e a implantación de novas tecnoloxías, en todos os centros territoriais do Instituto.

A creación do Observatorio Galego de Condicións de Traballo como sistema de información que permita a toma de decisións acertadas, o reforzo da investigación de accidentes, especialmente as causas que representen un importante número dos notificados, así como das enfermidades profesionais.

Nas actividades programadas figuran as que lle corresponden ao ISSGA como órgano técnico de información, asesoramento técnico e formación en prevención de riscos laborais, que se dirixen especialmente ás pemes, microempresas, así como os plans de redución da sinistralidade, xerais ou sectoriais referidos á construción, pesca ou agro.

Na seguinte ligazón pode consultar a totalidade do Plan de Actividades do ISSGA 2010