Mércores, Outubro 10, 2012
O Issga presenta a Guía de boas prácticas da saúde laboral no marisqueo a pé
Esta guía, que pretende ser un manual doado onde se indiquen pautas básicas para o traballo diario, é consecuencia dun traballo técnico e especializado, o “Estudo epidemiolóxico no marisqueo a pé”, realizado no 2011 polo Equipo de Medicina do Traballo do ISSGA, para o cal foi necesario realizar recoñecementos médicos individuais específicos sobre os riscos da actividade que fixeron posible chegar a uns resultados e conclusións para todo o colectivo.