Novas

Venres, Setembro 19, 2014

O ISSGA pon en marcha 5 talleres sobre seguridade e saúde laboral dirixidos a persoas traballadoras do sector da pesca

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) pon en marcha 5 talleres de refresco na aplicación da normativa e boas prácticas para a seguridade e saúde laboral dirixidos a persoas traballadoras do sector da pesca (subsectores de pesca extractiva e recolección de percebe a flote e a pé).
 
Estes talleres, os primeiros que se van impartir dun total de 14, teñen unha duración de catro horas e serán impartidos en grupos de entre 15 e 25 participantes. Con estes talleres o CETMAR participa na formación en materia de prevención de riscos laborais impartida polo ISSGA a traballadores/as do sector primario, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible.
 
A formación está dirixida ás persoas traballadoras da pesca extractiva, que poderán refrescar os seus coñecementos e habilidades respecto ao uso do botiquín de a bordo e os protocolos de actuación en emerxencias; e a colectores/as de percebe a flote e a pe, cuxos talleres estarán centrados en mellorar os coidados músculo-esqueléticos para prever trastornos e presentar os diferentes equipos de protección individual dispoñibles.
 
Os lugares e datas de impartición dos talleres son os seguinte:
 
TALLER
CONCELLO
DATA
Pesca extractiva
Cariño
24/10/2014
Recolección de percebe a flote e a pé
Carnota
03/10/2014
Cervo
22/10/2014
Cariño
23/10/2014
O Grove
24/10/2014
 
As persoas interesadas en participar nestas actividades formativas poden obter máis información na páxina web do ISSGA, http://issga.xunta.es/portal/index.html, ou dirixirse á entidade que colabora co ISSGA na impartición dos talleres, o Centro Tecnológico del Mar-Fundación CETMAR (C/ Eduardo Cabello s/n Bouzas-Vigo, teléfono: 986 247 047).
 
No Plan estratéxico para a prevención de riscos laborais en Galicia 2011-2014 recoñécese que a cobertura das necesidades preventivas é insuficiente en relación coas necesidades e demandas das empresas e das persoas traballadoras. O Plan de actividades do ISSGA para o ano 2014 recolle no seu eixe “Formación, difusión e sensibilización” unha acción de formación específica para o sector primario, cos obxectivos de formar en prevención de riscos laborais ás persoas traballadoras deste sector e reducir a sinistralidade no mesmo.
 
O Real decreto 752/2010, de 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro programa de desenvolvemento rural sostible para o período 2010-2014 en aplicación da Lei 45/2007, de 13 de decembro, para o desenvolvemento sostible do medio rural, contempla como unha das actuacións do programa a 1.22.-CA.3 relativa a información e formación profesional ocupacional e continua das persoas traballadoras.
 
O desenvolvemento deste programa instruméntase na Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Convenio específico entre a Administración Xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais. Unha das accións a desenvolver recollidas no dito convenio, a través do que o Estado aporta un financiamento do 50%, e dentro da actuación 1.22.-CA.3, é a realización de accións formativas e informativas sobre seguridade e hixiene no traballo, a executar polo ISSGA e dirixida aos/ás traballadores/as do sector primario.