Xoves, Novembro 12, 2026
O Issga pecha a súa programación de webinares de 2026 cunha sesión sobre seguridade na adquisición de máquinas, en colaboración con Fremap
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2026
A xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja García, participou na apertura do webinar Que debo coñecer antes de adquirir unha máquina?, co que o organismo pon fin á súa programación formativa en liña deste ano.
A sesión, impartida por Christie Cacho-Sousa Novoa, abordou las principais obrigacións das empresas e os requisitos legais para garantir a seguridade das máquinas desde a súa adquisición, así como las distintas fases deste proceso, desde a selección do equipo ata a súa recepción, utilización e mantemento.
O webinar rexistrou unha participación moi activa, especialmente no coloquio final, no que as preguntas das persoas asistentes permitiron profundar nos contidos tratados.
Un ano de formación en prevención
Con esta actividade, o Issga pecha a súa programación de webinares de 2026, na que se abordaron temáticas diversas relacionadas cos principais retos da prevención de riscos laborais e coas necesidades dos distintos colectivos profesionais.
O organismo continuará impulsando a formación, a información técnica e a sensibilización en prevención de riscos laborais, incorporando novas propostas ao seu Plan de actuación para 2027.