Novas

Luns, Outubro 06, 2014

O ISSGA participou os días 4 e 5 de outubro na Mostra Agrogandeira Expolugo

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), organismo dependente da Consellería de Traballo e Benestar, participou os días 4 e 5 de outubro na Mostra Agrogandeira Expolugo, que se celebrou no Pazo de Feiras e Congresos do concello de Lugo.
 
O ISSGA instalou un posto informativo nesta mostra, e aproveitou a súa presenza neste evento para informar sobre as distintas campañas formativas, divulgativas e de sensibilización que está a desenvolver, así como sobre as publicacións editadas por este organismo sobre diversos temas relacionados coa seguridade e a saúde laboral, especialmente no sector agrogandeiro.
                          
Coa súa presenza nestes encontros, o ISSGA pretende contribuír á tarefa colectiva da prevención de riscos laborais e concienciar á poboación traballadora, así como á sociedade en xeral, sobre a importancia desta, coa finalidade de impulsar unha auténtica cultura de prevención.