Novas

Venres, Decembro 13, 2013

O ISSGA participou no simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior de Syngenta Agro

Hoxe tivo lugar o simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior da Syngenta Agro, SA, planta de produción en Porriño especializada na formulación e envasado de agroquímicos, no que participou o Issga como integrante do Grupo de Seguemento e Avaliación, do que tamén forman parte membros da Consellería de Economía e Industria, Sanidade e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A duración do simulacro foi de 2 horas dende que soou a serea de aviso.

O obxectivo deste Plan é determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente.

O pasado mes de novembro tivo lugar unha sesión informativa iniciada polos Concellos de O Porriño, Mos e a Xunta de Galicia, na que se explicou o protocolo de actuación e as medidas de autoproteccion en caso de se que produza un accidente que fixera soar a alarma de emerxencia de Syngenta.

Con este simulacro se sensibilizou á poboación para que os veciños da zona se familiaricen coa seu son e sexan capaces de identificalo no caso hipotético da activación do Plan.