xoves, Maio 11, 2023

O Issga participou na reunión do Grupo de traballo de enfermidades profesionais INSST-CCAA.

11 de maio de 2023. O grupo, do que forma parte o Issga desde a súa constitución, está a traballar na mellora da capacitación e formación do persoal sanitario e técnico dos servizos de prevención na investigación das enfermidades profesionais (EP).

Este grupo terá un papel relevante no desenvolvemento do Obxectivo 1 da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027 de mellorar a prevención dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais a través de accións para a mellora na: identificación e diagnóstico das EP na notificación e o seu rexistro e no coñecemento epidemiolóxico da EP.

Tamén está a traballar no desenvolvemento de accións que contribuirán ao impulso da Axenda Nacional para a prevención do cancro de orixe profesional, reflectida no obxectivo 01, liña de actuación 2.