Venres, Outubro 28, 2011
O ISSGA participará no Coloquio Internacional Sho2011
A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García, asistirá os días 10 e 11 de febreiro a Sho2011, un encontro que reunirá na localidade lusa de Guimarães a expertos do ámbito internacional en saúde e seguridade laboral.
Sho2011 está organizado pola Sociedade Sociedade Portuguesa de Segurança e Higiene Ocupacionais coa colaboración da Universidade do Minho, a Universidade do Porto, a Universidade Técnica de Lisboa e a Universitad Politècnica de Catalunya.
O día 11 Quinzá-Torroja ofrecerá un relatorio que pechará o coloquio e no que exporá as principias actuacións do ISSGA en materia de prevención de riscos laborais en Galicia. Ao longo dos dous días de celebración desta cita internacional celebraranse diferentes sesións para abordar os principias asuntos en materia de saúde e seguridade no traballo.