Martes, Febreiro 07, 2023
O ISSGA participa nunha xuntanza do grupo de traballo do Sector Marítimo Pesqueiro
Diego Castro, técnico de seguridade e saúde laboral do centro ISSGA_Pontevedra foi o representante do ISSGA nesta 25ª reunión do grupo de traballo do Sector Marítimo Pesqueiro que ten como misión estudar a información existente sobre condicións de traballo no sector pesqueiro e elaborar propostas para a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo no devandito sector, Recompilar os instrumentos e as ferramentas deseñadas a nivel nacional e enfocadas cara á avaliación de riscos e prevención da sinistralidade neste sector así como promover a realización de estudos específicos sobre sinistralidade no sector de forma que permitan analizar os resultados con obxecto de deseñar e implementar accións específicas dirixidas a reducir a sinistralidade do sector.
Na reunión de hoxe, tratáronse entre outros, os seguintes temas:
- Información sobre o Plan Nacional de Sensibilización en SST para o sector pesqueiro con financiamento dos fondos da EESST.
- Información sobre o Plan de Choque contra os accidentes mortais no Traballo
- Creación SGT sobre melloras na declaración e notificación de EEPP no SMP
- Información do SGT procedementos de traballo seguros na manobra de largada da arte de cerco con xareta