Novas

Xoves, Xuño 22, 2023

O ISSGA participa nunha xornada técnica en Vigo organizada pola FLC

O ISSGA participa nunha xornada técnica en Vigo organizada pola FLC

Vigo, 22 de xuño de 2023. A Fundación Laboral da Construción (FLC) celebrou no seu centro e formación de Vigo a sesión técnica 'Solucións específicas: ambiente pulvíxeno, vibracións e dispositivos con prevención activa'

Alfonso Pérez Santiago, xefe do Centro Territorial do ISSGA en Pontevedra impartiu unha exposición sobre a evolución da exposición a po de sílice cristalina respirable (SCR): normativa e estratexia de mostreos. Neste relatorio tratáronse diversos aspectos que hai que ter en conta á hora de realizar a avaliación da exposición a po de sílice cristalina respirable (SCR):

  • Fitos sílice canceríxena
  • Cambios normativos de aplicación
  • VLA-ED unificados
  • UNE-EN 689:2019

As xornadas enmárcanse dentro das actividades que desenvolve cada ano o Organismo Paritario para a Prevención en Construción (OPPC), unha entidade creada en 2001 para prestar apoio en materia preventiva ás pequenas e medianas empresas do sector.