Martes, Novembro 26, 2024
O ISSGA participa nunha xornada técnica de OPPC sobre innovación e uso seguro de escadas
Santiago de Compostela , 26 de novembro
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia en colaboración coa Fundación Laboral da Construción e a empresa fabricante SVELT. imparten unha xornada técnica de OPPC (Organismo Paritario para a Prevención na Construción) adicada ás escadas baixo o título: “Innovación e novas solucións. Uso seguro de escadas, normativa e equipos alternativos”.
A xornada técnica presencial vai ter lugar no Centro de Formación de Santiago de Compostela en horario de 09:45 a 14:00. Nela, os técnicos do ISSGA, Ángel López Álvarez xunto con Héctor González Novoa, presentarán a campaña” “Non caias da escada”. Con este documento preténdese dar información sobre os criterios de selección de escadas, as medidas preventivas antes do seu uso, como deben colocarse e usarse de xeito correctos, as indicacións para o seu traslado e almacenamento e os EPI que deben utilizarse.
A participación nesta xornada queda enmarcada dentro das actuacións asociadas a campañas de promoción da prevención e redución da sinistralidade. A elaboración e difusión de publicacións constitúen unha actividade permanente do ISSGA e dan cumprimento ao eixo marcado na Estratexia de seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027.