Novas

Venres, Febreiro 08, 2013

O ISSGA participa nunha xornada sobre riscos marítimos e responsabilidades do armador en Vigo

Onte tivo lugar no Auditorio da Cooperativa de Armadores de Vigo - Porto Pesqueiro - Vigo unha xornada técnica organizada por Polar Seguros Marítimos en colaboración con Mapfre Empresas, na que diversos especialistas do sector analizaron os riscos que leva consigo a actividade pesqueira na actualidade.

José Antonio Rodríguez Arribe, xefe do Centro ISSGA de Pontevedra, estivo presente cun relatorio sobre os riscos e a seguridade no mar.

Durante a xornada tamén se abordaron outros temas como a lexislación actual relativa á obrigatoriedade do seguro, as necesidades dos armadores en materia aseguradora ou as solucións do mercado asegurador.