Novas

Venres, Xuño 23, 2023

O ISSGA participa nunha xornada sobre plans de saúde nas empresas

O ISSGA participa nunha xornada sobre plans de saúde nas empresas
  • A xornada técnica realizouse en formato presencial na CEG en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2023. O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), dependente da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, participou hoxe nunha xornada sobre plans de saúde nas empresas organizada pola CEG e Quironprevención.

Nieves Lorenzo Espeso, xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do centro territorial do Issga na Coruña, e integrante do comité de verificación de empresas saudables participou como relatora na xornada.

Na súa intervención expuxo os beneficios dos programas de PST para a competitividade das empresas e a importancia da saúde integral e o benestar laboral. Tamén explicou os pasos para adherirse á RESS e como iniciar o proceso de recoñecemento dos programas de PST para ser recoñecida como empresa saudable.

O ISSGA leva una década contribuíndo a ampliar a Rede española de empresas saudables(REES), asesorando, avaliando os programas de promoción da saúde no traballo(PST), impartindo formación e desenvolvendo guías de boas prácticas, impulsando campañas de difusión e sensibilización , etc.

A REES, é un proxecto iniciado polo INSST en 2013, está integrada na actualidade por máis de 860 empresas de todos os sectores de actividade e traballa co obxectivo de recoñecer o labor das empresas no eido da mellora da saúde e do benestar das traballadoras e traballadores e divulgar a cultura e o intercambio de experiencias empresariais.

Crear contornas laborais seguras e saudables contribúe a mellorar a produtividade, a motivación das persoas e a retención de talento nas empresas galegas.

A nova estratexia galega de seguridade e saúde laboral redobrará a aposta da Xunta para crear pequenas e medianas empresas saudables.