martes, Maio 30, 2023

A xornada “Plan OPPC 2033 e resultados 2022. Traballos temporais en altura: innovación & novas solucións" estivo organizada pola Fundación Laboral de la Construcción de Galicia no seu centro de Santiago de Compostela.
Pablo García Fernández, técnico do centro ISSGA_Pontevedra impartiu un relatorio sobre a posta en práctica da normativa sobre estadas.
Durante a xornada o Organismo Paritario para a Prevención en Construción (OPPC) fixo balance das actividades realizadas e deuse a coñecer un informe sobre a sinistralidade laboral no sector da construción en Galicia.