Novas

Mércores, Decembro 04, 2024

O ISSGA participa nunha xornada formativa sobre benestar e produtividade en Santiago

Presentación Adela

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024


A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou, en Santiago, a xornada informativa "Benestar e produtividade: Estratexias para combater o absentismo laboral desde a prevención dos riscos psicosociais", en colaboración coa Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais.

Expertos na materia analizaron este fenómeno dende diferentes perspectivas, compartindo estratexias efectivas e boas prácticas para a súa prevención e xestión.

O absentismo laboral, que afecta gravemente á competitividade e produtividade das empresas, responde a múltiples factores, entre os que destacan os riscos psicosociais. 

O traballo conxunto de empresas, persoal traballador e as administracións públicas son claves para impulsar políticas que reduzan o absentismo a través da prevención de riscos psicosociais, a mellora da xestión empresarial en aspectos como o clima e a mellora da comunicación interna, que permitirá acadar unha contorna laboral saudable e un tecido empresarial competitivo e produtivo.

A inauguración da xornada correu a cargo de José Manuel Maceira, secretario xeral adxunto da CEG, e Adela Quinzá-Torroja, xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).

Contou tamén coa presencia César André, xefe da sección de Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada do ISSGA, nunha mesa redonda sobre o impacto dos riscos psicosociais no absentismo laboral.