
Oviedo, 12 de maio de 2023
Onte e hoxe participamos nunha xuntanza no Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales - IAPRL - do Grupo CANO, formado por técnicos dos distintos institutos de seguridade e saúde laboral da cornixa cantábrica (Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi) no que se está a traballar na elaboración dun manual sobre a figura do recurso preventivo.
Este manual pretende abordar distintos aspectos desta figura preventiva que aparece recollida tanto na lei de prevención de riscos laborais como no regulamento dos servizos de prevención, tratando de aclarar en que situacións é necesaria a súa presencia, a quen corresponde o seu nomeamento ou aspectos relativos á coexistencia con outras figuras preventivas, especialmente no caso das obras de construción.