Novas

Martes, Outubro 14, 2014

O ISSGA participa nunha reunión do grupo de traballo para o establecemento dos Límites de Exposición Profesional Españois

A esta reunión acudirá, por parte do ISSGA, José Rega Piñeiro, xefe do centro ISSGA na Coruña. Na reunión trataranse diversos aspectos relativos aos documentos de Límites de Exposición Profesionais 2015 e 2016.
 
As disposicións relativas á avaliación de riscos da Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, e do Real Decreto 39/1997, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, implican a utilización de valores límite de exposición para poder valorar os riscos debidos á exposición profesional a axentes químicos, cando esta se determine de forma cuantitativa, é dicir, por medio das concentracións no aire do posto de traballo.
 
O Real Decreto 374/2001 sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo remite aos valores límite de exposición profesional para os axentes químicos publicados polo INSHT como valores de referencia para a avaliación e control dos riscos orixinados pola exposición dos traballadores a axentes químicos.
 
Os conceptos e valores incluídos no documento do INSHT son o resultado dunha avaliación crítica dos valores límite de exposición profesional establecidos polas entidades máis relevantes e prestixiosas na materia, tendo en conta, fundamentalmente, a fiabilidade de os datos utilizados para o establecemento de cada un deles e a súa data de actualización.
 
Este documento é revisado e actualizado anualmente para a adopción dos valores límite de exposición profesional comunitarios (vinculantes e indicativos) ou polas necesidades que formulen os cambios nos procesos de produción e a introdución de novas substancias, dos novos coñecementos técnicos e científicos, así como da evolución do marco legal no que se apliquen.
 

Pódese obter máis información sobre os Límites de Exposición Profesional para axentes químicos en España no seguinte enlace: