Martes, Febreiro 14, 2023
O ISSGA participa nunha reunión do grupo de traballo de Seguridade Viaria Laboral do CNSST
Manuel Gasalla Regueiro, xefe do centro ISSGA_Lugo, participou hoxe nunha xuntanza do grupo de traballo de Seguridade Viaria Laboral da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), creado para analizar os datos estatísticos dos accidentes de tráfico laborais, a problemáticas derivadas deste tipo de accidentes en xornada de traballo e elaborar propostas con medidas a adoptar derivadas dos estudos realizados.
Nesta reunión tratáronse, entre outros, os seguintes temas.
- Información adicional enviada polo departamento de investigación e información sobre os accidentes laborais de tráfico 2021
- Recompilación de boas prácticas para a prevención de accidentes “in itinere”: posibilidades de actuación e propostas
- Situación e evolución traballo do grupo