Luns, Decembro 15, 2014
O Issga participa nunha reunión do Comité de verificación de boas prácticas en Promoción da Saúde no Traballo
Hoxe ten lugar na sede do INSHT en Madrid unha reunión do Comité de Verificación de Boas Prácticas do proxecto de rede de empresas.
En representación do Issga participará nesta reunión, Nieves Lorenzo Espeso, xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro Issga da Coruña.
O obxectivo desta reunión é acordar os criterios para o recoñecemento de Boas Prácticas en Promoción da Saúde no traballo e establecer un mecanismo claro de avaliación.
O Programa europeo de promoción da saúde nos centros de traballo, liderado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo, ten por obxectivos mellorar a organización e as condicións de traballo, promover a participación activa e fomentar o desenvolvemento individual.
O ISSGA, adheríndose a este programa, pretende propiciar que empresas galegas traballen nesta contorna máis aló das súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais.
Na seguinte ligazón ten máis información sobre a promoción da saúde no traballo.