mércores, Novembro 16, 2022

O ISSGA participa nunha nova xornada técnica de seguridade e saúde sobre a metodoloxía BIM en Vigo

Vigo, 16 de novembro de 2022. A Fundación Laboral da Construción de Galicia (FLC), en colaboración co Organismo Paritario para a Prevención en Construción (OPPC), organizou hoxe a xornada técnica de seguridade e saúde sobre 'A metodoloxía BIM e a súa aplicación práctica en prevención na industria da construción' no Centro de Formación de Vigo.

Pablo García, técnico do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), abordou a iImportancia dos aspectos de seguridade e saúde desde a concepción arquitectónica (fase de deseño).

As xornadas enmárcanse dentro das actividades que desenvolve cada ano o OPPC, unha entidade creada en 2001 para prestar apoio en materia preventiva ás pequenas e medianas empresas do sector.