Martes, Febreiro 11, 2025
O ISSGA participa nunha nova reunión do Grupo de Traballo de EEPP das Comunidades Autónomas -INSST
11 de febreiro de 2025
Hoxe tivo lugar a primeira sesión preventiva de 2025 do Grupo de Traballo de EEPP das Comunidades Autónomas-INSST baixo o tíitulo “A saúde laboral nas mulleres da pesca: mariscadoras e redeiras”. A sesión ofrecerá unha oportunidade única para profundar nas iniciativas impulsadas polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) para mellorar a saúde e seguridade laboral das mulleres no sector pesqueiro.
Durante esta sesión, abordaranse aspectos clave relacionados coa saúde laboral en profesións historicamente desempeñadas por mulleres, en particular as mariscadoras e redeiras, afondando nos avances logrados, nos desafíos actuais a na necesidade de seguir impulsando a saúde laboral neste sector, con especial atención ao recoñecemento das EEPP .
O relatorio estará a cargo de Nieves Lorenzo Espeso, xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosociología Aplicada do ISSGA. Nieves ofrecerá unha visión detallada das iniciativas e medidas que se están a implementar para garantir unha contorna laboral segura e saudable neste sector.
O reforzo da protección das persoas traballadoras consideradas especialmente sensibles e de colectivos vulnerables é unha das actuacións preferentes do ISSGA que contempla no Plan de actuación 2025. Deste xeito a campaña de asesoramento técnico e colaboración con colectivos de mariscadoras e redeiras para a PRL e PST incorpora tamén iniciativas de promoción e asesoramento sobre alimentación saudable, a práctica de exercicio físico e outros aspectos que incidan no seu benestar laboral, e tendo moi en conta a perspectiva de xénero e de idade.