Martes, Maio 14, 2024
O ISSGA participa nunha nova reunión da Axenda Nacional de Prevención do Cancro de Orixe Profesional
- Trátase da terceira reunión do grupo de traballo de mellora da acción preventiva
Madrid, 14 de maio de 2024.- Onte e hoxe tivo lugar na sede do INSST a terceira reunión do grupo de traballo de mellora da acción preventivas para avanzar no desenvolvemento da Axenda Nacional de Prevención do Cancro de Orixe Profesional.
O ISSGA participa activamente neste grupo exercendo os labores de moderación e coa achega científico-técnico do seu persoal técnico.
Con esta nova reunión está a cumprirse o itinerario e a actividade para desenvolver a Axenda Nacional de Prevención do Cancro de orixe Profesional marcados na Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027.
A prevención de enfermidades relacionadas co traballo, con especial énfase no cancro de orixe profesional, é unha das prioridades incluídas nas súas liñas de actuación.
Neste momento, os cinco grupos de traballo compostos por expertos de diversos ámbitos científico-técnicos están a abordar as dimensións en que se estrutura a Axenda son os seguinte:
- Normativa, asesoramento, vixilancia e control
- Mellora da acción preventiva
- Diagnóstico precoz e intervención temperá
- Investigación e epidemioloxía
- Información e sensibilización