Novas

Xoves, Marzo 26, 2026

O Issga participa nunha mesa sobre coordinación de seguridade e saúde en obras e instalacións en Silleda

Imaxe participación feira Enerxética_Silleda

Silleda, 26 de marzo de 2026. No marco da Feira ENERXÉTIKA 2026, o Issga participou na mesa redonda “Coordinación de seguridade e saúde en obras e instalacións" organizada polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGTI), coa intervención de Pablo García, xefe da sección de seguridade no traballo do Centro Issga de Pontevedra.

A devandita mesa enfocouse no labor dos coordinadores de seguridade e saúde en obras e instalacións expondo a prevención como unha condición esencial do proceso construtivo, vinculada á vida, a integridade e a dignidade das persoas, integrándose desde o deseño e manténdose durante toda a execución. Para iso é clave anticipar riscos, planificar medidas seguras e coordinar correctamente a actuación de empresas e profesionais, cun papel especialmente relevante do coordinador de seguridade e saúde, especialmente na fase de obra, onde a concorrencia de empresas, oficios, medios auxiliares e ritmos produtivos converte a coordinación nun factor crítico para evitar danos e garantir condicións de traballo adecuadas.