Xoves, Novembro 09, 2023
O ISSGA participa nun taller sobre idadismo e mercado laboral organizado
A Coruña, 9 de novembro de 2023. O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) participou hoxe xoves nunha xornada sobre Idadismo e mercado laboral. Discriminación e protección da saúde.
O taller realzouse a través dunha sesión presencial celebrada no Centro A Coruña e en streaming.
Nieves Lorenzo Espeso, xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do centro territorial do Issga na Coruña participou nesta xornada como relatora.
Na síua intervención expuxo a necesidade de Incorporar a perspectiva de idade á xestión preventiva (e empresarial) o que permitirá contribuír á sostenibilidade do emprego, a un emprego de calidade e ao benestar laboral. Tamén falou da a Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027. Nela incorpóranse medidas e accións no obxectivo 3 para afrontar os riscos laborais derivados dos novos escenarios no traballo e adaptación da xestión preventiva derivada da evolución demográfica e no obxectivo 6 a necesidade de potenciar accións para a promoción da saúde no traballo e a consecución do benestar laboral.
As organizacións empresarias deben avanzar na inclusión da variable idade na súa xestión preventiva na avaliación de riscos, pasando polas planificación preventiva e na vixilancia sa saúde laboral e saliento a importancia e necesidade dos programas de retorno ao traballo tras unha enfermidade.
Como integrante do comité de verificación de empresas saudables destacou os beneficios dos programas de promoción da saúde no traballo e invitou a formar parte da Rede de empresas