Martes, Xullo 08, 2025
O ISSGA participa no Grupo de Traballo de Riscos Psicosociais e Saúde Mental da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST)
A Coruña, 8 de xullo de 2025
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) participou nunha nova reunión do Grupo de Traballo de Riscos Psicosociais e Saúde Mental, creado no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST).
Este grupo ten como obxectivo principal avanzar en diferentes liñas de actuación para a xestión dos riscos psicosociais de orixe laboral, así como promover a mellora da saúde mental e o benestar emocional das persoas traballadoras.
Na reunión participou Mª José García Santos, xefa da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do ISSGA, representando á comunidade autónoma galega e contribuíndo co coñecemento técnico e a experiencia do instituto neste ámbito.
A participación activa neste grupo de traballo está alineada coa Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, e forma parte das actuacións previstas no Plan de Actuación do ISSGA para o ano 2025.
O ISSGA continúa traballando para previr os riscos psicosociais no ámbito laboral, mellorar a saúde mental das persoas traballadoras e colaborar con outras institucións na mellora das condicións de traballo.