Novas

Xoves, Novembro 28, 2024

O ISSGA participa no Congreso XX aniversario do Instituto Asturiano de Prevención de Riscos laborais en Avilés.

Imaxe congreso

Avilés 28 de novembro de 2024. 


O 27, 28 e 29 de novembro estase a celebrar no Pavillón de  exposicións da Magdalena de Avilés, o XX Congreso do Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais con motivo da conmemoración do 20 aniversario da súa  constitución.


Durante este Congreso avaliarase o conseguido na PRL  desde o inicio ata hoxe, planificaranse próximas actuacións e debaterase sobre os retos de integrar de forma eficaz a prevención de riscos laborais. Tamén se abordarán avances nas distintas disciplinas e os cambios normativos así coma os novos desafíos e escenarios derivados da transformación do mundo do  traballo.


O ISSGA estará presente neste evento este xoves 28 de novembro, coa participación do seu persoal técnico, Manuel Armada Oya  na mesa redonda sobre a notificación de accidentes de traballo, e Héctor González Novoa  que cos catro institutos de PRL que conforman o Grupo Cano (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco)  debaterán sobre a figura do recurso preventivo nunha mesa moderada pola Responsable de Saúde Laboral do Issga Nieves Lorenzo Espeso.