Sábado, Outubro 30, 2010
O ISSGA participa na xornada de presentación da ferramenta Integra Prevención
O ISSGA participa o vindeiro 3 de novembro na Xornada de Presentación da Ferramenta Integra Prevención que organiza a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela. Integra Prevención trátase dunha ferramenta para integrar e adaptar un sistema de xestión de prevención de riscos laborais nun sistema de xestión de calidade.
A xornada será inaugurada por Pedro Montero Lebrero, director xerente da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, e Fausto Santamarina Fernández, secretario xeral da CEG.
José Rega Piñeiro, subdirector xeral técnico e de Planificación do ISSGA, ofrecerá un relatorio sobre a “Importancia da integración da prevención de riscos laborais no sistema de xestión das empresas” e José María Rivas Moar, coordinador de Mugatra para A Coruña, falará sobre “A integración do sistema de prevención de riscos laborais no sistema de calidade da empresa”.
Na sesión exporanse exemplos de integración dos sistemas de calidade e prevención de riscos laborais que serán ofrecidos por Javier Quintero Saavedra, director do Departamento de Seguridade, Prevención e Medio Ambiente de Terminais Marítimos de Galicia, S.L.- TMGA, e José Yera Fachal, responsable de seguridade e saúde laboral de Hijos de Rivera S.A.- Estrella Galicia.
A xornada rematará coa presentación da ferramenta INTEGRA PREVENCIÓN a cargo de Ana García Caeiro e Silvana Puga Gándara, da Confederación de Empresarios de Galicia.