Novas

Luns, Outubro 20, 2025

O ISSGA participa na xornada de Osalan para presentar o Manual do Recurso Preventivo

imaxe grupo CANO

Bilbao, 20 de outubro de 2025

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) participou hoxe na xornada técnica organizada por Osalan – Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral, centrada no sector da construción e orientada a reducir os accidentes laborais neste ámbito.

No marco desta xornada, titulada “Traballo seguro no sector da construción”, presentouse o Manual do Recurso Preventivo e outras vixilancias de traballos, un documento elaborado polo Grupo CANO, que integra os institutos de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi. O manual ofrece unha guía práctica e accesible sobre o papel, as funcións e as responsabilidades do recurso preventivo, figura clave na prevención de riscos laborais.

O ISSGA estivo representado por Héctor González e Ángel López, que compartiron a experiencia galega en materia de prevención e supervisión de riscos laborais, destacando a importancia de contar con persoal formado e capacitado para exercer como recurso preventivo.

Con esta iniciativa, o Grupo CANO busca reforzar a cultura preventiva, mellorar as condicións de traballo e ofrecer ferramentas útiles para responsables de prevención, técnicos de seguridade, sindicatos e profesionais comprometidos coa saúde laboral.