Xoves, Outubro 09, 2025
O ISSGA participa na reunión do Grupo de Traballo da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025
A xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García, participou hoxe na reunión do Grupo de Traballo da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027, celebrada en modalidade de videoconferencia. Este grupo é o encargado de realizar a acción de seguimento continuado e avaliación das medidas contempladas na estratexia e, en concreto, nesta reunión acordáronse os aspectos básicos do próximo Congreso de seguridade e saúde no traballo que se organizará no marco da dita estratexia.
O ISSGA, como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, reafirma o seu compromiso coa mellora continua das condicións laborais na nosa comunidade. Participando activamente nestes espazos de colaboración e diálogo, o instituto contribúe a impulsar políticas e accións que beneficien a toda a sociedade, promovendo a prevención de riscos laborais e a protección da saúde dos traballadores.