Xoves, Febreiro 05, 2026
O ISSGA participa esta semana nas reunións do grupo de traballo de amianto da CNSST e do Pleno da RISST
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2026
Hoxe reúnese o grupo de traballo de amianto da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) e o venres, día 6, o Pleno da Rede Interterritorial de Seguridade e Saúde no Traballo (RISST).
O ISSGA participará en ambas reunións nas que se vai tratar sobre o estado de transposición da nova directiva de amianto: Directiva (UE) 2023/2668 do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de novembro de 2023, pola que se modifica a Directiva 2009/148/CE sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao amianto durante o traballo.
Esta nova directiva traerá cambios importantes no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, suporá, entre outras modificacións, unha diminución do valor límite de exposición diaria (VLA®- ED) de 0,1 fibras/cm3 a 0,01 fibras/cm3, a esixencia de medidas de protección máis estritas para as persoas traballadoras, e a priorización da retirada dos materiais con amianto fronte outras formas de manipulación.