Novas

Xoves, Maio 27, 2010

O ISSGA participa en Santiago na Conferencia sobre Promoción da Saúde e o Benestar no Traballo

A directora do ISGGA, Adela Quinzá-Torroja García participará na Conferencia Europea sobre Promoción da Saúde e o Benestar no Traballo que celebra a USC os días 27 e 28 de maio na Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela.

O 27 de maio terá lugar a primeira sesión, “Estrés laboral en Europa” e o día 28 unha segunda sesión que leva por título “Estrés policial”, coorganizada pola Asociación Unificada de Gardas Civís.

O Laboratorio de Estrés e Neuroinmunoloxía da USC presentará os resultados das súas investigacións sobre estrés laboral nesta cita que reunirá a representantes de diversos organismos nacionais e expertos internacionais nestes ámbitos.

A directora do ISGGA falará no encontro da situación da saúde e o benestar laboral en Galicia describindo a situación actual e as liñas que se están a traballar para a prevención e disminución dos riscos laborais na Comunidade.