Novas

Venres, Xullo 07, 2023

O ISSGA participa en Santander nunha nova reunión para elaborar un manual sobre o recurso preventivo

O ISSGA participa en Santander nunha nova reunión para elaborar un manual sobre o recurso preventivo

Santander, 7 de xullo de 2023

Onte e hoxe participamos no Instituto Cántabro de Seguridad y Salud en el Trabajo (ICASST) na segunda xuntanza do Grupo CANO, formado por técnicos dos institutos de seguridade e saúde laboral da cornixa cantábrica (Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi), no que se está a traballar na elaboración dun manual sobre a figura do recurso preventivo.

Este manual pretende abordar distintos aspectos desta figura preventiva que aparece recollida tanto na lei de prevención de riscos laborais como no regulamento dos servizos de prevención, tratando de aclarar en que situacións é necesaria a súa presencia, a quen corresponde o seu nomeamento ou aspectos relativos á coexistencia con outras figuras preventivas, especialmente no caso das obras de construción.