Novas

Venres, Outubro 05, 2018

O ISSGA participa en Madrid na II Edición dos Premios Prevencionar

O ISSGA participa en Madrid na II Edición dos Premios Prevencionar

A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García participa como membro do xurado na II Edición de los Premios Prevencionar.

Tras a importante acollida que tivo a I Edición dos Premios Prevencionar de 2016, esta II Edición dos Premios Prevencionar de 2018 convócanse cun triplo obxectivo:

  • Recoñecer as mellores iniciativas e accións no campo da prevención de riscos laborais.

  • Fomentar a innovación e creatividade das empresas no campo da prevención de riscos laborais.

  • Destacar as mellores prácticas no campo das organizacións saudables.

A II Edición dos Premios Prevencionar España 2018 convócanse coa finalidade de colaborar na mellora da cultura preventiva no ámbito español, recoñecendo e premiando a aquelas persoas, asociacións, empresas, entidades, etc., que realizan un labor destacable no campo da prevención de riscos laborais, a seguridade e saúde no traballo e a promoción da saúde nas contornas de traballo.

A través destes premios quérese concienciar á sociedade e dar exemplo e extensión das boas prácticas realizadas, co fin de que o seu exemplo poida render noutras empresas, organismos, etc.

O recoñecemento consiste en destacar publicamente as iniciativas, accións e obras (individuais, colectivas, profesionais, institucionais, empresariais…) que, a xuízo do Xurado desta edición, as fagan merecedoras do devandito galardón. Ámbito de actuación: calquera parte do mundo.