Novas

Xoves, Decembro 18, 2014

O Issga participa en dúas xornadas técnicas sobre seguridade marítima

Diego Castro Balboa, técnico do centro Issga de Pontevedra e coordinador da área de pesca e actividades afíns do Issga, participará en dúas xornadas técnicas sobre seguridade marítima que terán lugar os vindeiros 18 e 20 de decembro en Ribeira e Vilagarcía de Arousa.
 
As ditas actividades formativas están organizadas pola Dirección Provincial de Vilagarcía de Arousa do Instituto Social da Mariña.
 
 
Centro Nacional de Formación Marítima de Bamio - Vilagarcía de Arousa
 
18 de decembro ás 17.00 horas
 
Dirixida ao sector do cultivo de mexillón en bateas.
 
 
  • 17:00 horas. D. BERNARDO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ.  Coordinador de Seguridade e Inspección Marítima. CAPITANÍA MARÍTIMA de Vigo
  • 17:45 horas. D. DIEGO CASTRO BALBOA.  Técnico de Seguridade e Saúde Laboral. ISSGA.
  • 18:30 horas. D. RAMIRO VILLOCH VÁZQUEZ, Médico de Sanidade Marítima, DP do ISM  en Vilagarcía.
  • 19:00 horas. D. JOSÉ MARIA CASAS DE RON. Xefe da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra.
  
Santa Uxía de Ribeira (Salón de actos da Casa do Mar)
 
20 de decembro ás 10.30 horas
 
Dirixida ao sector pesqueiro, arrastre, palangre e cerco.
 
  • 10:30 horas. D. BERNARDO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ.  Coordinador de Seguridade e Inspección Marítima. CAPITANÍA MARÍTIMA de Vigo.
  • 11:15 horas. D. DIEGO CASTRO BALBOA.  Técnico de Seguridade e Saúde Laboral. ISSGA.
  • 12:00 horas. D. RAMIRO VILLOCH VÁZQUEZ, Médico de Sanidade Marítima, DP do ISM  en Vilagarcía.
  • 12:30 horas. DÑA. TERESA DÍAZ LÓPEZ.  Xefa da Inspección de Traballo e Seguridade Social da Coruña e  D. JAVIER FERNÁNDEZ TRAVIESO.  Inspector da Inspección de Traballo e Seguridade Social da Coruña.
O ISSGA está a traballar especialmente co sector pesqueiro estes últimos anos, organizando diversos cursos de formación, xornadas técnicas e talleres prácticos, así como coa elaboración de documentos técnicos e de divulgación en materia de prevención de riscos laborais, co fin de promover que o traballo no mar desenvólvase de maneira segura e saudable.
 
Entre os documentos elaborados destaca a serie Lembra, que é unha publicación enfocada de maneira didáctica, sinxela e práctica para os traballadores da pesca.
 
En cada unha das fichas abórdanse as principais problemáticas e solucións preventivas das distintas temáticas relacionadas co sector pesqueiro.
 
Ata o momento editáronse catro, os cales se indican a continuación e que poden ser descargados todos eles accedendo ao apartado de documentación da páxina web do Issga:
 
 
Os Lembra do Issga_Pesca_Prevención de riscos na pesca
21 fichas que recollen as recomendacións desde o acceso ás embarcacións ata saltar a terra con seguridade para eliminar situacións de risco e evitar accidentes. Deste xeito, abórdase a colocación dos chalecos salvavidas, as cubertas de traballo e o uso das máquinas, aparellos ou instalacións. Así mesmo, inclúe medidas básicas sobre o risco eléctrico e a utilización de equipos de protección individual. Tamén contempla un módulo sobre sinalización, os equipos de salvamento e nocións sobre o cadro orgánico e de estabilidade das embarcacións. Por último, o manual recolle información sobre emerxencias, sistema mundial de socorro, incendio, pautas para abandonar un buque e primeiros auxilios.
 
Os Lembra do Issga_Pesca_Prevención de transtornos musculoesqueléticos
17 fichas sobre a prevención de trastornos músculoesqueleticos no sector da pesca: que son os TME e as rexións e factores de risco, as tarefas con risco de TME, os riscos para a saúde e a prevención de TME (consellos, quecemento e estiramento e acondicionamento físico).
 
Os Lembra do Issga_Pesca _Prevención de riscos na extracción de recursos específicos
11 fichas das boas prácticas na prevención de riscos laborais na extracción de recursos específicos na pesca: percebe e mergullo.
 
Os Lembra do Issga_Pesca_Equipos de traballo
13 fichas sobre os principais equipos de traballo instalados nos buques de pesca, os requisitos comúns de seguridade, as obrigas do empresario e traballador e unha referencia á normativa e á lexislación.