Novas

Martes, Xullo 06, 2010

O ISSGA participa cun stand en FIMO FERROL 2010

O ISSGA estará presente cun stand institucional na Feira de Mostras do Noroeste, que celebra a súa 48ª edición do 6 ao 11 de xullo no recinto feiral de Punta Arnela en Ferrol.

O stand do ISSGA, de 24 metros cadrados, será atendido por persoal do Centro ISSGA na Coruña, e nel difundirán documentación en prevención de riscos laborais, así como o plan de actividades do ISSGA e os últimos datos de siniestralidade laboral.

FIMO Ferrol 2010 conta nesta edición con 150 expositores dos máis diversos sectores: maquinaria agrícola e industrial, automoción, alimentación, fogar e decoración, turismo, novas tecnoloxías, e un longo etcétera.

O certame celebrarase ao longo de seis días nos que se agardan máis de 30.000 visitantes que disfrutarán ademáis das actividades programadas en paralelo á feira.

A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, asistirá á inauguración oficial que terá lugar ás 18:00 horas e estará presidida pola Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.