Xoves, Xullo 04, 2024
O ISSGA imparte unha actividade formativa na Universidade de Vigo sobre coordinación de actividades empresariais
Vigo, 4 de xullo de 2024.
Hoxe tivo lugar unha xornada formativa na Universidade de Vigo sobre coordinación de actividades empresariais a persoal traballador da devandita Universidade.
A charla estaba organizada polo servizo de prevención propio da universidade e contou cuns 40 asistentes.
Foi impartida polo técnico do Centro Issga_Pontevedra, Pablo García Fernández.
Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en congresos, feiras, xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral, tanto de ámbito autonómico como nacional ou internacional.