Novas

Luns, Novembro 02, 2026

O Issga imparte una xornada sobre prevención de riscos laborais e primeiros auxilios no Obradoiro de Emprego Castro XI

imaxe  da actividade impartida polo Issga

Pol (Lugo), 2 de novembro de 2026.

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) impartiu o venres 30 de outubro unha xornada técnica sobre prevención de riscos laborais e primeiros auxilios dirixida ao alumnado do Obradoiro de Emprego Castro XI, correspondente á especialidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

A actividade desenvolveuse en Mosteiro, no concello de Pol. O obradoiro está promovido polo Concello de A Ribeira de Piquín e conta coa participación dos concellos de Castroverde, A Pastoriza, Pol e Riotorto.

A xornada comezou cunha sesión sobre prevención de riscos laborais nos traballos de conservación e mellora de montes, impartida por Marta Aneiros Vieites, técnica de seguridade e saúde laboral do Issga. Durante a formación abordáronse os principais riscos asociados aos traballos forestais e as medidas preventivas necesarias para desenvolver estas actividades en condicións de seguridade.

A continuación, María García Díaz, técnica en saúde laboral do Issga, impartiu unha sesión sobre primeiros auxilios, con contidos teóricos e prácticos, na que o alumnado puido coñecer e practicar actuacións básicas para responder ante posibles situacións de emerxencia.

Con esta iniciativa, o Issga continúa achegando a prevención de riscos laborais aos programas de formación para o emprego, promovendo a adquisición de coñecementos e habilidades preventivas desde as primeiras etapas da formación profesional, especialmente en actividades con riscos específicos como os traballos forestais.