Martes, Xullo 01, 2014
O ISSGA imparte un curso sobre riscos do persoal de laboratorio destinado ao profesorado de Formación Profesional da familia sanitaria e de química ambiental.
Durante esta semana estase a impartir en Vigo o curso “Prevención de riscos e xestión de residuos nos laboratorios”, no que a parte correspondente a prevención será impartida por Lucía Ferrón Vidán, xefa de Sección de Hixiene Industrial do ISSGA. Nel abordaranse cuestións de gran interese para o profesorado, proporcionarase material e fontes de información de utilidade para a integración da prevención como materia transversal nestas ensinanzas.
O curso enmárcase no Plan de formación 2014-2015 para profesorado de FP e ensinanzas especiais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.