Xoves, Setembro 27, 2018
O Issga imparte formación ao alumnado do Obradoiro de Emprego Terras do Sor II no Vicedo
A xornada tivo un contido teórico e práctico e dirixiuse ao alumnado do Obradoiro de Emprego “Terras do Sor II” de Ourol, Vicedo e Muras. Os relatores da xornada foron os técnicos do Issga do centro de Lugo, Álvaro López Aenlle, xefe do equipo de seguridade, e María García Díaz, técnico de prevención e enfermeira especialista en Enfermería do Traballo.
A actividade formativa dirixiuse a uns 20 alumnos das especialidades de carpintería e de atención sociosanitaria e tivo lugar na Casa da Cultura de O Vicedo.
O Issga, dentro do seu obxectivo de información, divulgación e formación en materia preventiva, leva adiante accións de promoción da prevención de riscos laborais en colaboración con outras entidades que axuden a implantar unha auténtica cultura preventiva na nosa sociedade.