Martes, Novembro 03, 2009
O ISSGA estuvo presente no II Congreso Estremeño de Prevención de Riscos Laborais
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) participou no II Congreso Estremeño de Prevención de Riscos Laborais, que se celebrarou os días 4 e 5 de novembro de 2009 no Complexo Cultural San Francisco, de Cáceres. Este encontro contou coa presenza da directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García, e do subdirector xeral Técnico e de Planificación, José Rega Piñeiro, así como doutros técnicos do organismo.
Ademais, o ISSGA puxo a disposición dos visitantes un stand no que se exhibirán algúns dos Equipos de Protección Individual (EPI) recomendados para algúns traballos, unha mostra das ferramentas empregadas polos técnicos do Instituto nos seus labores de investigación de accidentes laborais e de visitas técnicas a empresas e información sobre as distintas campañas de sensibilización e concienciación sobre a necesidade da prevención de riscos no traballo dirixidas a diferentes sectores da sociedade que o Instituto ten desenvolvido desde o inicio da súa actividade.
Os interesados que se achegaron ata o posto puideron consultar tamén as publicacións propias do ISSGA, as “follas de prevención”. Publicadas con periodicidade mensual e elaboradas polos técnicos do organismo, cada unha delas trata un tema específico relacionado coa seguridade e a saúde laboral, como a prevención da gripe A nos centros de traballo, os riscos ergonómicos en postos de telemarketing, os riscos da exposición ao amianto durante a actividade laboral, a prevención da silicose ou primeiros auxilios, entre outras temáticas. Polo momento, o ISSGA ten publicado un total de 13 follas de prevención.
A celebración deste congreso respondeu ao cumprimento do contemplado no cuarto obxectivo do V Plan de Actuacións da Comunidade Autónoma de Estremadura para a Prevención de Riscos Laborais (2008-2011), co obxectivo de consolidar a cultura da prevención como piar básico para a mellora das condicións de traballo e a erradicación da sinistralidade laboral.