Novas

Mércores, Outubro 13, 2010

O ISSGA estivo presente con stands institucionais nas feiras FEXDEGA e FEMAGA

O ISSGA estivo presente cun stand institucional na Feira Multisectorial de FEXDEGA, que celebrou a súa 41ª edición do 9 ao 12 de outubro en Vilagarcía O instituto tamén participou nas mesmas datas na feira dos Autónomos FEMAGA que tivo lugar no recinto feiral de Pontevedra.

A través dos stands nestas feiras multisectoriais o ISSGA difunde información divulgativa en prevención de riscos laborais, o plan de actividades deste ano así como os últimos datos de siniestralidade laboral.

FEXDEGA 2010 contou nesta edición con preto dun centenar de expositores en representación dos sectores da automoción, artesanía, fogar-decoración, industria, menaxe, confección, construción, agasallos, administración, decoración, material de oficina, medios de comunicación e comercio, entre outros.

Doutra banda, FEMAGA é unha feira multisectorial organizada pola Federación de Autónomos de Galicia que agrupa institucións, expositores de turismo, alimentación, servizos, e un amplo abanico de establecementos comerciais.