Mércores, Abril 11, 2018
O Issga está presente na 13º edición de Previsel en Ourense
-
Participa neste evento a través dunha caseta informativa así como coa colaboración en diversas actividades formativas
Ourense, 11 de abril de 2018. Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral cumpre trece edicións fomentando a cultura preventiva ofrecendo un completo programa con múltiples actividades entre as cales tamén se inclúen conferencias, xornadas técnicas e talleres especializados no ámbito da seguridade e a saúde laboral.
Esta 13ª edición de Previsel ten lugar en Expourense o 11 e 12 de abril, consolida este evento como o único salón destas características en Galicia e que consegue a implicación activa dos diferentes axentes vinculados á prevención, co obxectivo de xuntar coñecementos e esforzos e intercambiar experiencias.
Tanto os profesionais como o público xeral que asistan á Previsel atoparán un salón dividido en dúas importantes áreas:
-
Comercial: exposición de produtos e servizos.
-
Formativa: o programa conta con xornadas técnicas e talleres orientados tanto ao empresario, coma a traballadores e futuros profesionais
O ISSGA E PREVISEL
O ISSGA participa cun caseta formativa e informativo neste evento no que se informa sobre as distintas campañas formativas, divulgativas e de sensibilización desenvolvidas polo ISSGA así como das publicacións editadas polo Instituto sobre diversos temas de seguridade e saúde laboral.
Coa súa presenza neste tipo de encontros profesionais, o Instituto pretende contribuír á tarefa colectiva da prevención de riscos laborais e concienciar á poboación traballadora e á sociedade en xeral sobre a importancia desta, coa finalidade de impulsar unha auténtica cultura da prevención.
Ademais, o Instituto para a Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, ISSGA, volverá incidir en Previsel na necesidade de mellorar a seguridade laboral e participa nas seguintes actividades:
1. Organización e impartición de dous obradoiros:
-
11 de abril de 2018. 12:00 horas.
Taller práctico: solucións preventivas para os riscos en traballos en altura
-
12 de abril de 2018. 12:00 horas.
Seguridade laboral en traballos en laboratorio
2. Participación do persoal técnico do ISSGA en xornadas informativas:
-
Xornada informativa "Gas radón: o perigo invisible. Exposición do marco lexislativo e aplicación práctica" - 11 de abril ás 09:45 horas
-
Mesa redonda "A prevención de riscos para a saúde. Calidade do aire no ámbito laboral. Gas radón e os seus efectos sobre a saúde" - 12 de abril ás 10:00 horas