Novas

Mércores, Outubro 27, 2010

O ISSGA e Sanidade participan en Santiago nunha xornada de CCOO sobre amianto

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e a directora do ISSGA, Adela Quinzá- Torroja García, asistiron ao acto de presentación da xornada organizada por CCOO sobre Amianto: da saúde laboral á saúde pública, celebrada o 25 de outubro en Santiago de Compostela, que contou coa presenza do secretario xeral de CCOO, Jose Manuel Sánchez Aguión.

Entre os relatores participantes destacan o secretario confederal de Saúde Laboral de CCOO, Pedro J. Linares; a secretaria de Saúde Laboral do sindicato en Galicia e membro da comisión de goberno do ISSGA, Ascensión Esteban; e a xefa de Sección de Hixiene Industrial do ISSGA, Lucía Ferrón, amais de médicos do traballo, avogados laboralistas e diversos expertos na materia.