Novas

Martes, Abril 01, 2025

O ISSGA e CODINUGAL reúnense para fortalecer a colaboración na promoción da saúde laboral

imaxe reunión Codinugal

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025

Este martes, 1 de abril, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) mantivo unha reunión con representantes do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia (CODINUGAL) para explorar posibles vías de colaboración no ámbito da promoción da saúde no traballo.

Durante o encontro abordáronse diversas estratexias para fomentar hábitos de vida saudables nos centros de traballo galegos. A nutrición e os estilos de vida saúdables foron algúns dos temas clave da conversa, na que ambas entidades coincidiron na importancia de reforzar accións conxuntas para mellorar o benestar das persoas traballadoras.

O ISSGA segue apostando por establecer sinerxías con entidades especializadas para impulsar iniciativas que melloren a seguridade e a saúde laboral en Galicia. Nos próximos meses, continuarase traballando nesta liña para desenvolver proxectos conxuntos que teñan un impacto positivo nas condicións de traballo e na calidade de vida da poboación activa.