Venres, Maio 28, 2010
O ISSGA de Lugo comeza o 31 de maio a impartición dun curso básico de prevención de riscos Laborais
O ISSGA celebrará no seu centro de Lugo do 31 de maio ao 4 de xuño un curso básico de Prevención de Riscos Laborais de 35 horas de duración.
Os obxectivos do curso son proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións básicas da actividade preventiva, establecidas no artigo 35 do Regulamento dos Servizos de Prevención (Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro), e dotar aos empresarios dos coñecementos que os capaciten para xestionar a prevención nas súas empresas ou centros de traballo. O curso inclúe 5 horas de formación sobre prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.
Entre esas funcións de nivel básico, están promover os comportamentos seguros e a correcta utilización dos equipos de traballo e de protección, fomentar o interese e a cooperación dos traballadores na acción preventiva, promocionar as actuacións preventivas básicas (orde, limpeza, sinalización, mantemento xeral e seguimento e control do mesmo), realizar avaliacións de riscos, colaborar na avaliación e no control dos riscos xerais e específicos da empresa e actuar en caso de emerxencia e primeiros auxilios, entre outras.
Trátase da segunda edición desta acción formativa que se celebra nesta cidade tras o curso celebrado no mes de febreiro.