Luns, Decembro 05, 2011
O ISSGA dará a coñecer as súas actividades na XVIII Feira de Mostras da Coruña
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) contará cun stand na XVIII Feira de Mostras da Coruña (FEMAGA), organizada pola Federación de Autónomos de Galicia (Feaga), e que terá lugar dende o 3 ao 8 de decembro no recinto feiral de Expocoruña, na cidade herculina.
O ISSGA está presente cun stand no que se informa sobre as distintas campañas formativas, divulgativas e de sensibilización desenvolvidas polo Instituto así como das publicacións editadas, entre as que destacan as Follas de Prevención e diversas guías técnicas sobre o sector eléctrico, naval ou da baixura.
Coa súa presenza neste tipo de encontros profesionais, o ISSGA pretende contribuír á tarefa colectiva da prevención de riscos laborais e concienciar á poboación traballadora e á sociedade en xeral sobre a importancia desta, coa finalidade de impulsar unha auténtica cultura da prevención.