Novas

Mércores, Maio 03, 2017

O ISSGA crea un grupo de traballo sobre investigación de accidentes

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017. Tal como se recolle no Plan de actividades do Instituto para este ano, a investigación de accidentes de traballo realízase co fin de coñecer as causas que os provocan, e dende a perspectiva do sinistro como risco laboral prevenible. Tras a investigación elabórase un informe técnico que servirá de apoio á autoridade laboral, ou na orde xudicial no exercicio das súas competencias.

De xeito continuo, préstase polo persoal técnico do ISSGA colaboración pericial e asesoramento técnico á Inspección de Traballo e Seguridade Social no desenvolvemento das súas funcións, tal como se establece na normativa de aplicación.

O obxectivo primordial deste grupo de traballo interno sobre investigación de accidentes, que tivo esta primeira reunión de constitución hoxe no edificio IGAPE_ISSGA no Complexo Administrativo de San Lázaro - Santiago de Compostela, é, a través de xuntanzas periódicas, realizar un análise dos accidentes laborais que se produzan neste intervalo de tempo, intercambiando coñecementos, unificando criterios e compartindo experiencias entre os técnicos dos catro centros provinciais do ISSGA que realizan esta tarefa.

Coa creación deste grupo dáse resposta ao recollido no punto 2.h da ficha IATEP 1: Investigación de accidentes de traballo do EIXE 3: Xestión da sinistralidade. Investigación de accidentes de traballo e enfermidades profesionais recollido no Plan de actividades do ISSGA para 2017.