Novas

Venres, Setembro 25, 2026

O Issga continúa traballando co sector forestal para mellorar a prevención

imaxe motoserrista

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2026

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) continúa traballando co sector forestal na procura de novas formas de mellorar a prevención e reducir os accidentes no monte. O grupo técnico de traballo, no que participan persoal do Instituto e representantes de empresas e organizacións do sector, mantivo unha nova sesión para compartir necesidades e propostas de actuación.
Un dos principais traballos que se está a desenvolver é a análise dos accidentes de traballo no ámbito forestal, co obxectivo de coñecer mellor as causas que se repiten e extraer medidas preventivas que poidan resultar útiles para as empresas e para as persoas traballadoras. Esta análise permite achegar a prevención ás situacións reais que se producen no día a día da actividade forestal.
Este traballo conxunto busca seguir achegando información e ferramentas prácticas ás empresas e persoas traballadoras do sector forestal, así como identificar novas actuacións que permitan anticiparse aos riscos máis habituais e contribuír a unhas condicións de traballo máis seguras no monte.